Dra. Tania Riveiro Rodríguez, licenciada en Historia pola USC no 2012 e Máster en Profesorado na área de Ciencias Sociais pola mesma universidade no 2013. Ata o inicio da súa carreira investigadora, profesora de educación secundaria de Xeografía e Historia.
Actualmente é axudante doutora da área de Didáctica das Ciencias Sociais da USC. Comezou a súa carreira investigadora no 2016 como Técnico de Apoio á Investigación e no 2017 iniciou o seu contrato como investigadora predoutoral en formación do ministerio. Doutora pola USC no 2021, coa tese “A materia de paisaxe e sustentabilidade en aulas de secundaria: observación e reflexión crítica desde un modelo alternativo”, dirixida polo profesor Ramón López Facal. Durante ese período fixo unha estadía de investigación na Universidade de Ottawa (Canadá). Ten participado de dous proxectos nacionais de investigación (un en curso). E desenvolvido a súa investigación en cuestións vinculadas á didáctica, a innovación, o patrimonio, a paisaxe, o desenvolvemento de competencias sociais e críticas no alumnado, etc. Máis recentemente, ten prestado atención a procesos de ensino-aprendizaxe que partan de fitos naturais relacionados coa xeomorfoloxía e a xeoloxía e que, atendendo á súa temporalidade histórica e contexto social, permitan reflexionar criticamente cuestións socialmente relevantes como o cambio climático ou a crise ecolóxica.