Grupo de estudios Medioambientales

Aplicados ao Patrimonio natural e cultural

Gemap

Dr. Juan López Bedoya

Licenciado en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), acadou nese ano o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Tras gozar de estancias en centros estranxeiros, “Institut Universitaire Européen de la Mer” (Université de Bretagne Occidentale) e “Universidad Nacional de Cuyo” (Mendoza, Argentina), doctorouse nesta última en 2021 alcanzando o premio Mención de Honra. Antes, foi formando grazas ao traballo realizado en varios proxectos nacionais e internacionais no ámbito da Xeomorfoloxía, a Bioxeografía, a Paisaxe e o Patrimonio da Xeodiversidade.

Deixou os resultados da súa investigación nunha variada serie de artigos, capítulos de libro, guías de boas prácticas e obras de orientación didáctica e divulgativa, transmitindo tamén ese coñecemento sobre o terreo mediante numerosas excursións científicas.
Na súa vertente máis aplicada, levou os coñecementos atesourados á ordenación do territorio, materializando plans territoriais integrados como o “Plan de Ordenación del Litoral de Galicia” ou as “Directrices de Ordenación del Territorio de Galicia”.
Marcouse, como obxectivo científico, demostrar o grande valor que representan para a Xeografía física as fontes históricas, populares e perceptivas como complemento aos métodos tradicionais en dita disciplina, así coma o potencial que ofrece esta rama científica para a Historia a partir dos seus métodos de sistematización de fontes, o uso de sistemas de información xeográfica y a análise xeoespacial dos procesos históricos.

En toda a súa carreira insistiu sempre no ensaio dunha transversalidade á que chegou dende distintas ferramentas e conceptos clave, por exemplo, o son ou a toponimia, buscando sempre unha versión didáctica das mesmas, cuestións que forman parte das materias docentes que impartiu no Grao de Xeografía e o Mestrado de Planificación e Xestión Territorial na Facultade de Xeografía, Historia e Arte da USC.

En la actualidad forma parte de los equipos de investigación de los proyectos Españoles en Portugal (1715-1868): emigración laboral y exilios políticos – “Generación de Conocimiento 2021”. PID2021-123476NB-I00 (España-Portugal); Patrimonio geomorfológico del Paso Internacional Vergara, Malargüe, Mendoza. Proyectos SIIP-Convocatoria 2022 (Argentina); Evaluación del impacto del cambio climático en humedales altoandinos para diseñar estrategias de adaptación para comunidades locales vulnerables (Puna resiliente): ensayo piloto en el Nevado Coropuna (sur de Perú) (España-Perú) PR803D-2023-00000006-00 (Cooperación Galega, 2023); y, como Investigador Principal, del proyecto Patrimonio geomorfológico de pasos montañosos en itinerarios culturales: los casos de los pasos internacionales Pehuenche y del Planchón-Vergara en los Andes Centrales (Mendoza, Argentina) y los caminos de Santiago en las sierras orientales de Galicia. Aplicación metodológica comparada para su conversión como herramienta de desarrollo endógeno en poblaciones de montaña. PR 815A 2023/3 (Cooperación Galega, 2023) (España-Argentina).