Probablemente a escultura pasou máis tempo baixo o influxo dunha humidade constante (primeiro na
presa e logo na canle) que na fachada da igrexa que presidiu, pero entanto tivo unha vida accidentada que
provocou a perda de volumes evidentes pero tamén moitas microfisuras na base. Estas circunstancias
condicionaron o rescate e orientaron a análise e o diagnostico do estado de conservación necesarios para
definir, planificar e executar as estratexias e tratamentos de conservación-restauración que houbo que plasmar un proxecto de conservación-restauración.
Precisouse estudar a fondo os condicionantes medioambientais e rastrexar as posibles orixes da peza para
tratar de entender os acontecementos previos e os condicionantes directos no seu estado de conservación para poder definir unha estratexia de actuación e avaliar, co mellor coñecemento posible, a evolución dos
tratamentos a realizar e as posibles interacción que no futuro se puidera dar. Nesta cuestións foi moi
transcendente o estudo biolóxico realizado polo GEMAP (Grupo de estudios medioambientais aplicados ó
patrimonio natural e cultural)