Grupo de estudios Medioambientales

Aplicados ao Patrimonio natural e cultural

Gemap

Anxo Méndez Villar

Investigador Predoutoral

atomos/logo-posCreated with Sketch.
SC

Contacto:

Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola Facultade de Farmacia – Despacho A0-10b Universidade de Santiago de Compostela Campus Vida – Santiago de Compostela, A Coruña.

15782.

Anxo Méndez Villar é licenciado en Bioloxía dende 2017 pola Universidade de Vigo e máster en Enxeñaría Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) dende 2019. En 2020 iniciou os seus estudos de doutoramento, realizando un proxecto de doutoramento industrial en colaboración con Ferrovial Construción S.A. grazas ás Axudas de Doutoramento Industrial da Axencia Galega de Innovación (GAIN) na convocatoria 2021.

A súa investigación céntrase na microbioloxía en materiais pétreos e na aplicación de tecnoloxías ambientais intelixentes e sostibles (principalmente as relacionadas coa iluminación ornamental) dirixidas a xestionar e mitigar o biodeterioro no contexto do patrimonio arquitectónico. En concreto, a súa tese forma parte do proxecto CROMALUX: Third SMARTIAGO Challenge “Intelligent lighting system for Heritage Conservation”, un Proxecto de Compra Pública Innovador con fondos europeos para desenvolver un sistema de iluminación ornamental para a conservación do patrimonio. Tamén participa nun proxecto nacional, un proxecto autonómico e un proxecto local na cidade de Santiago de Compostela. Actualmente é autor de 5 artigos en revistas arbitradas JCR e SJR e de 8 comunicacións orais en congresos internacionais e nacionais.

O desenvolvemento da súa actividade investigadora levouse a cabo no grupo Gemap da USC, xunto con dúas estadías internacionais enmarcadas dentro do desenvolvemento da súa tese de doutoramento: no Laboratorio de Microbioloxía Ambiental e Alimentaria do Instituto de Bioloxía Molecular da Academia Eslovaca. de Ciencias, e no Departamento de Ciencias do Getty Conservation Institute de Los Ángeles.